Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


X Edición Bandeira verde - Municipio responsable PDF Imprimir Correo
Martes, 03 de Xuño de 2008 19:24

A Federación de Usuarios Consumidores Independentes, FUCI, co apoio da Fundación Biodiversidade, fixo entrega o pasado mediodía do 2 de xuño dos Premios Bandeira Verde-Municipio Responsable aos concellos españois cuxa xestión ambiental crece en calidade sobre aspectos como a recollida de residuos e limpeza, o consumo enerxético e contaminación, a educación ambiental e participación cidadá, a xestión da auga e o compromiso ambiental.

 

FUCIbiodiversidade


En total, entregáronse 79 galardóns sendo 12 os concellos máis destacados nesta décima edición, ao obter a Bandeira Verde nas cinco modalidades propostas pola FUCI.


O noso concello está entre os dez seguintes xa que conseguiu a bandeira verde en catro das cinco modalidades:

 

  • Residuos, Limpeza e xardinería.
  • Compromiso ambiental.
  • Xestión da auga.
  • Educación e participación cidadá.
As modalidades e os seus aspectos fundamentais

Residuos, limpeza e xardinería.
  • Limpeza e conservación de rúas e conxunto da superficie municipal baixo a súa responsabilidade.
  • A xestión dos RU (Residuos Urbanos). Recollida, tratamento, fomento da reciclaxe e clasificación, sensibilización social e congruencia na xestión.
  • Superficie de zonas verdes, mantemento e xestión integral.

Compromiso ambiental
  • Adhesión aos compromisos ambientais.
  • Posta en marcha da Axenda 21 Local.
  • Certificacións ambientais obtidas.
  • Modelos de colaboración e compromisos con outras institucións.

Xestión da auga
  • Consumo xeral de auga no municipio e características principais.
  • Forma de xestión, perdas e plan de mellora da Rede de Baixa municipal.
  • Consumo medio por cidadán, tendo en conta as características específicas de cada municipio.
  • Formas de potabilización, tratamento e depuración.
  • Sensibilización social para o aforro da auga.

Educación ambiental e participación cidadá


  • Importancia económica na realización e consecución de programas de educación ambiental.
  • Permanencia, consolidación e profesionalidade dos equipos técnicos de educación ambiental.
  • Actuacións de educación ambiental realizadas.
  • Análise do conxunto de fórmulas de participación social en materia de medio ambiente cos habitantes.

Consumo enerxético e contaminación

  • Aspectos relativos á mobilidade dos cidadáns, consumos e solucións técnicas achegadas.
  • Diversificación enerxética realizada polo municipio.
  • Propostas e compromisos de municipio coa diversificación enerxética.
  • Medición dos controis de posible contaminación.
  • Sensibilización ambiental sobre mobilidade, consumo enerxético e contaminación.
  • Fomento da participación cidadá nestes aspectos

Ver a información completa

 

 
Bandeiras azuis PDF Imprimir Correo
Xoves, 29 de Maio de 2008 22:08

Do mesmo xeito que nos últimos anos, Ponte do Porco non recibiu a bandeira azul que destaca ás mellores praias de Europa pola súa limpeza, polos seus servizos e por outros aspectos, aínda que non nos preocupa ... para nós é a mellor praia do mundo.
O bo de todo é que se vos fixades no mapa, nas rías de Betanzos, Pontedeume e Ferrol hai dúas praias con bandeira azul e esas praias pertencen ao concello de Miño. En concreto son as praias de Perbes e a nosa Praia Grande.

Bandeiras azuis

 
Boletín informativo N. 2 PDF Imprimir Correo
Martes, 27 de Maio de 2008 21:13

Boletín número 2O segundo boletín sae a rúa neste mes chuvioso.

 

Neste segundo número falase dos temas mais candentes nas derradeiras datas como son "O paseo da praia" do que xa falamos no primeiro boletín, do que pensamos que pode ampliarse ou o "Churrasco de San Xoán" entre outros.

 

Esperamos tamén as vosas suxerencias para o futuro e esperamos mantervos informados de todo o que vaia sucedendo ao derredor da nosa Asociación.

 

Tamén pode descargar o boletín en formato pdf no enlace inferior e leelo tranquilamente onde millor lle apeteza.

 

Pero recorde que foi repartido polas casas, así que non o imprima polo ben dos nosos bosques.

 

Descargar o boletín N.2

 

Se quere colaborar na conservación do medio ambiente pode axudar lendo as noticias da nosa Asociación nesta páxina web ou enviando un correo electrónico a Esta dirección de correo está protexida frente ao spam, necesitas ter activado Javascript para vela e a partir dese instante enviarémoslle toda a información da Asociación a través do seu correo electrónico.

 
« InicioPrev.31323334353637383940Seg.Fin »

Páxina 34 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre