X Edición Bandeira verde - Municipio responsable |
|
|
|
A Federación de Usuarios Consumidores Independentes, FUCI, co apoio da Fundación Biodiversidade, fixo entrega o pasado mediodía do 2 de xuño dos Premios Bandeira Verde-Municipio Responsable aos concellos españois cuxa xestión ambiental crece en calidade sobre aspectos como a recollida de residuos e limpeza, o consumo enerxético e contaminación, a educación ambiental e participación cidadá, a xestión da auga e o compromiso ambiental. En total, entregáronse 79 galardóns sendo 12 os concellos máis destacados nesta décima edición, ao obter a Bandeira Verde nas cinco modalidades propostas pola FUCI.
O noso concello está entre os dez seguintes xa que conseguiu a bandeira verde en catro das cinco modalidades:
- Residuos, Limpeza e xardinería.
- Compromiso ambiental.
- Xestión da auga.
- Educación e participación cidadá.
As modalidades e os seus aspectos fundamentais Residuos, limpeza e xardinería.
- Limpeza e conservación de rúas e conxunto da superficie municipal baixo a súa responsabilidade.
- A xestión dos RU (Residuos Urbanos). Recollida, tratamento, fomento da reciclaxe e clasificación, sensibilización social e congruencia na xestión.
- Superficie de zonas verdes, mantemento e xestión integral.
Compromiso ambiental
- Adhesión aos compromisos ambientais.
- Posta en marcha da Axenda 21 Local.
- Certificacións ambientais obtidas.
- Modelos de colaboración e compromisos con outras institucións.
Xestión da auga - Consumo xeral de auga no municipio e características principais.
- Forma de xestión, perdas e plan de mellora da Rede de Baixa municipal.
- Consumo medio por cidadán, tendo en conta as características específicas de cada municipio.
- Formas de potabilización, tratamento e depuración.
- Sensibilización social para o aforro da auga.
Educación ambiental e participación cidadá
- Importancia económica na realización e consecución de programas de educación ambiental.
- Permanencia, consolidación e profesionalidade dos equipos técnicos de educación ambiental.
- Actuacións de educación ambiental realizadas.
- Análise do conxunto de fórmulas de participación social en materia de medio ambiente cos habitantes.
Consumo enerxético e contaminación
- Aspectos relativos á mobilidade dos cidadáns, consumos e solucións técnicas achegadas.
- Diversificación enerxética realizada polo municipio.
- Propostas e compromisos de municipio coa diversificación enerxética.
- Medición dos controis de posible contaminación.
- Sensibilización ambiental sobre mobilidade, consumo enerxético e contaminación.
- Fomento da participación cidadá nestes aspectos
Ver a información completa
|