O concello renuncia á subvención |
|
|
|
O noso concello renunciou a unha subvención de 40.000 euros para arranxar o parque de Ponche do Porco, así que seguiremos cun parque sen acondicionar totalmente. Segundo coméntannos fontes do concello débese a que están negociando que se lles conceda a axuda completa, que é duns 90.000 euros.
Ver a renuncia
|
|
Proxección dunha película |
|
|
|
Xa solicitamos no concello que se volva a proxectar unha película na nosa praia para este verán, e máis concretamente para o 23 de Xullo.
Reclamación presentada
|
A obra do gas natural estragou parte do asfaltado realizado en xaneiro pola zona onde almacenaron a terra. Por esta razón e tamén para que deixen todas as gabias en boas condicións puxemos esta reclamación.
Reclamación presentada
|
Fai uns días tivemos unha reunión co alcalde na cal volvémoslle a trasladar as nosas preocupacións sobre o noso pobo, especialmente as obras que consideramos máis urxentes:
- Obra do parque
- Curva dos Etxeberría
- Estado da praia
- Local social
Por exemplo, a obra do parque, a cal foi prometida para o ano pasado, segue sen ter financiamento, polo que non estamos en condicións de afirmar cando se realizará a mesma,aínda que en opinión do alcalde, esta realizarase este ano.
En canto ao resto de obras, teremos que esperar a tempos mellores. O alcalde contounos que a obra do paseo polo río Lambre realizarase cando o bo tempo acompáñenos. Esta obra está financiada pola Demarcación de Costas, e parece que xa está aprobada a súa execución. Supomos, polo tanto, que antes do verán poderemos ter un paseo ao longo do río Lambre ata moi preto dos muíños de Misericordia.
|
Un espello na saída de Lambre |
|
|
|
No cruce das rúas que van para Lambre e a saída hacia Ferrol a visibilidade e moi limitada polo que pedimos no concello que nos poñan un espello para millorar no posible a visibilidade dos vehículos que veñen de Lambre e saen hacia a Ponte do Porco.
Reclamación presentada
|
|
|
|
Páxina 1 de 4 |