Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


Una cartel na praia PDF Imprimir Correo
Domingo, 27 de Abril de 2008 15:32

Os cansAchégase o verán e tamén os cans á nosa praia. Este venres había bastante xente con cans na praia e segundo comenta algunha desas persoas, pensan que nesta praia está permitido que paseen cans entre a xente cando non é certo.

Por iso, desde aquí pedimos uns carteis informativos onde se especifique claramente o que está permitido facer na nosa praia e o que está prohibido, e non a sinalización actual que calquera vándalo pode esnaquizar con gran facilidade tal e como se observa na foto.

Fai uns días tamén estiveron paseando varios cabalos pola praia deixando algúns excrementos no paseo, os cales non foron limpados polos xinetes.

O dito, necesitamos un cartel informativo na nosa praia.

 
Limpeza final PDF Imprimir Correo
Mércores, 23 de Abril de 2008 21:03

Esta tarde estiveron vendo o paseo os responsables de costas e despois de velo quedaron en acondicionar o camiño interior ao paseo para que non se formen charcos e en eliminar os cascallos resultado das obras do mesmo.

Novo paseo

 
Día Internacional do Libro PDF Imprimir Correo
Mércores, 23 de Abril de 2008 06:58
Hoxe é o Día Internacional do Libro.

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración aos libros e os dereitos de autor promulgado pola UNESCO que se celebra cada 23 de abril desde 1974 en varios países.

A elección do día 23 de abril como día do libro, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aínda que realmente non fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao calendario xuliano, que sería o 3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes faleceu o 22, sendo enterrado o 23.

Polo tanto hoxe todos temos que ler un capítulo do noso libro favorito.
 
« InicioPrev.31323334353637383940Seg.Fin »

Páxina 37 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre