Inicio A lenda
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A lenda PDF Imprimir Correo

Esta é a nosa visión da lenda de Roxín Roxal e por ende da Ponte do Porco.

 

Don Nuno Freire de Andrade, terceiro señor de Pontedeume, tiña unha filla fermosa e inqueda chamada Tareixa. Tiña tamen a seu servizo un doncel lanzal de corpo, ledo, loiro e sonrreinte ao que chamaban Roxin Roxal. En tan boa estima o tiña don Nuno que certa vez regaloulle o seu puñal de prata.

- defende con el a os teus señores

- así o farei

 

Don Nuno Pérez de Andrade

 

Máis quixo o destino que entre Tareixa e o doncel nacese, como sen querer un amor imposible. Don Nuno, ao sabelo perdeu o siso:

- Ou casas con don Henrique Osorio, nobre coma ti, ou Roxin Roxal perderá a vida.

Tareixa casou con don Henrique, e Roxin Roxal pasaba dia e noite comesto de melancolía. Un serán de outono don Nuno sorprendeuno a ollar languidamente para a xanela pechada da camara nupcial da forzada parella.

- Marcha das miñas terras Roxin Roxal.

Don Henrique non sabia que facer para gañar a admiración da sua esposa. A cabeza na Ponte sita en Ponte do PorcoUn dia, contra o que era costume, convidouna a presenciar a cacería dun porco bravo que estragaba as colleitas dos campesinos da comarca. A partida chegou ate a beira do río Lambre. Alí apareceu o porco bravo. Ameaza, gruñe, regaña os dentes aos cazadores. Henrique Osorio colle o arco e apunta, a frecha voa, e fie ao poco no lombo. Non o mata; faille ferver o sangue. A fera abalanzase sobre doña Tareixa e firea de morte. Don Henrique, o cobarde, foxe espavorecido guindandose da ponte embaixo, mentres o porco bravo esnaquiza a sua dona.

 

A traxedia contouse darrededor de todas as lareiras. Non había ninguen que non soubese da dureza de corazon do seu pai, da covardia do xenro, do amor infinito do doncel. E de alí a uns días, de mañá, un bulto negro apareceu no medio da ponte. Moita xente achegouse. Era o porco bravo, morto. No pescozo ensangrentado estaba cravada ate a empuñadura a daga de prata que don Nuno lle regalara, aquel día, a Roxin Roxal. Desde enton aquel lugar coñecese polo nome da PONTE DO PORCO.

 

Ponte sobre o Río Lambre

 

 

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre