Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


Día da terra PDF Imprimir Correo
Martes, 22 de Abril de 2008 07:15

Hoxe é o Día da Terra.

O Día da Terra é un día festivo celebrado en moitos países. O seu promotor, o senador norteamericano Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

O Día da Terra, foi celebrado internacionalmente por primeira vez o 22 de abril de 1970 para subliñar a necesidade da conservación dos recursos naturais do mundo. Xurdido como movemento universitario, o día da Terra converteuse nun importante acontecemento educativo e informativo. Os grupos ecoloxistas utilízano como ocasión para avaliar os problemas ambientais do planeta: a contaminación do aire, auga e chans, a destrución de ecosistemas, os centos de miles de plantas e especies animais decimadas, e o esgotamento de recursos non renovables. Insístese en solucións que permitan eliminar os efectos negativos das actividades humanas. Estas solucións inclúen a reciclaxe de materiais manufacturados, preservación de recursos naturais como o petróleo e a enerxía, a prohibición de utilizar produtos químicos daniños, o fin da destrución de hábitats fundamentais como os bosques húmidos e a protección de especies ameazadas. Por esas razóns é o Día da Terra.

 
Ampliación do paseo PDF Imprimir Correo
Venres, 18 de Abril de 2008 15:34

Desde a Asociación de Vecinos cremos que o paseo tal e como quedou nesta última ampliación beneficiará ao noso pobo, pero tamén cremos que pode avanzarse para así terminar comunicando o centro de Miño cun dos lugares máis bonitos que esconde o noso municipio, o Río Lambre.

Por iso queremos propor unha amplicación do paseo actual en dous sentidos:

  • En sentido Miño ata chegar ao final da praia de Ponte do Porco (Zona 1 no mapa inferior).
  • Subindo cara ao Río Lambre, a partir do parque en honra a Fernán Pérez de Andrade (Zona 2 no mapa inferior).

 

Novo paseo

O primeiro tramo non ofrece ningunha dificultade na súa construción, e tal como obsérvase na foto inferior permitirá que tanto os residentes do pobo como os visitantes poidan percorrer completa a praia Alameda. Ademais, pode servir como primeiro tramo dun paseo máis amplo que conecte Ponte do Porco coa praia A Ribeira.

Novo paseo

En canto ao segundo tramo, queremos achegar algunha idea ao plan de "Rexeneración do Río Lambre". Parécenos moi importante conservar o entorno deste río e mostrar a súa beleza a todo o que queira visitala. Por iso parécenos unha boa idea a creación dunha ruta polo mesmo que non sexa intrusiva e póidase utilizar para a súa conservación.

O tramo inicial desta ruta, na súa saída da Ponte do Porco, teríase que realizar por estrada co perigo que iso leva, pola súa estreiteza e pola pouca visibilidade debido á existencia dalgunha curva moi perigosa. Para salvar as dificultades propomos a ampliación do actual paseo a partir da subida ao parque en honra a Fernán Pérez de Andrade, continuando o mesmo pegado ao muro do parque, cruzando a ponte e seguindo pegado ao río Lambre ata superar a ponte da vía de ferrocarril, tal e como se observa na foto inferior.

Novo paseo

Por outra banda entendemos que a dificultade de realización deste tramo é alta por varios motivos.

En primeiro lugar, como salvar a ponte. Para isto o máis razoable é cruzalo ao mesmo nivel cun paso de peóns que podería estar feito con lastros (adoquíns), aínda que tamén se pode explorar a posibilidade de salvalo por baixo do primeiro arco, aínda que posiblemente non houbese altura suficiente neste lugar para ser factible o paso. En segundo lugar, gran parte do tramo discorre sobre o río Lambre na súa parte máis baixa. Para isto propomos unha solución similar á empregada no paseo da Ribeira con columnas sobre o río, as cales non impedirían o paso da auga tanto en marea baixa como en marea chea.

Esta proposta, unida no futuro, a un paseo ata a praia da Ribeira, faría este lugar imprescindible para visitar tanto por a xente do pobo como pola xente que nos visita.

 
A árbore caída PDF Imprimir Correo
Venres, 18 de Abril de 2008 06:47

Hoxe sobre as sete da mañá, e debido ao temporal que está a afectar na nosa comunidade, caeu un eucalipto na saída da ponte que temos na estrada entre  Ferrol e A Coruña. O eucalipto caeu xusto no cruce polo que saímos hacia A Coruña e ocupou casi a totalidade da estrada polo que había que circular con moito cuidado.

A esta hora non podo decir si o eucalipto foi retirado por Protección Civil, pero si pode decir que foron avisados para que retiraran o mesmo.

 
« InicioPrev.31323334353637383940Seg.Fin »

Páxina 38 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre