O Festival PorKoRocK inicia a súa andaina o 24 de xullo de 2009 coa súa primeira edición, e os seus promotores queren con esta idea atraer ás festas patronais de Ponte do Porco á xente máis nova da comarca.
Aínda que a súa primeira edición foi celebrada no 2009, xa no 2008 intentouse celebrar un concerto pero as dificultades para conseguir financiamento non o fixeron posible.
O cartel da súa primeira edición incluíu catro formacións, Álvaro Muras de Coruña, Os chupetes de Miño, Manolito e lacón-fussión de Betanzos e finalmente os valisoletanos de Fuera de Control.
PorKoRocK
Cartel do III Festival PorKoRocK
Xa falta moi pouco para o III Festival PorKoRocK e aquí tedes o cartel definitivo do mesmo.
Este ano teremos a 4 grupos de rock na nosa praia con Miguel Costas (ex-Siniestro Total) como cabeza de cartel. Se queredes ver o cartel completo tédelo aquí.
Se tes un grupo de música pop ou rock e estás interesado en participar no III Festival PorKoRocK ponte en contacto connosco a través do seguinte formulario.
Apúntate e envíanos o teu myspace para escoitarte.
O II Festival PorKoRocK xa pasou á historia e aquí vos deixamos algúnhas das fotos que poidemos facer no mesmo. Para os que o organizamos foi un éxito. Esperamos que vos gustase tanto coma a nós. Grazas a todos.