As principais celebracións que se organizan no noso pobo teñen lugar no verán. Hai tres datas importantes no calendario.
- 23 de Xuño. Noite de San Xoan.
- 25 de Xullo. Santiago Apóstolo. Festas do patrón do pobo.
- Agosto. Celebración do aniversario da Asociación.
Santiago Apóstolo
As festas de Ponte do Porco celébranse na honra de Santiago Apostol. As datas das mesmas poden variar ainda que sempre hai celebración o día do patrón, o 25 de Xullo.
Nesta celebración sempre temos unha gran sardiñada popular, xogos para os nenos e pola noite os bailes populares. Non falta tampouco a misa en honra ao patrón que sempre se celebra á unha e media da tarde do día 25 na praia Alameda.
Noite de San Xoan
Na noite de San Xoan, ao igual que en moitas partes de Galiza, é tradicional encender a fogata ás 12 da noite para dar a benvida ao verán. A noite máis curta do ano é a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas.
A romaría
Outra celebración, tradicional desde a fundación desta Asociación, é a romaría ou celebración de aniversario da mesma, que se celebra en agosto e xunta a todos os socios, familiares e amigos nun día no que come e baila desde o mediodía ata o anoitecer.
Revista do Santiago Apóstolo 2010
|