Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


Grupo de desenvolvemento rural PDF Imprimir Correo
Luns, 19 de Maio de 2008 20:28

O concello invitounos a participar no Grupo de Desenvolvemento Rural. Pediremos mais información e volo contaremos en novos artículos.

GDR

 
Día das letras galegas 2008 PDF Imprimir Correo
Mércores, 14 de Maio de 2008 21:55

Día das letras galegas 2008Este ano o día das letras galegas celébrase na honra de Xosé Mª Alvarez Blázquez.

Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915 no seo dunha familia de escritores e foi mestre de profesión.

Xa de novo é membro da Federación das Mocedades Galeguistas e logo do Partido Galeguista. Funda as editoriais Monterrei en 1949 e Castrelos en 1964. Ademais obtén varios premios en diversos certames e foi finalista do premio Nadal.

Tamén foi membro da Real Academia Galega.

Simultaneou a obra editada en galego e castelán e entre outras destacan En el pueblo hay caras nuevas de 1945, Roseira do teu mencer de 1950, Escolma de Poesía Medieval I e II de 1952, Canle segredo de 1976 ou Alexándro Bóveda de 1982.

O 2 de marzo de 1985 morreu en Vigo por culpa dunha afección cardíaca que padecía dende había anos.

 
O tendido eléctrico PDF Imprimir Correo
Mércores, 14 de Maio de 2008 21:45

Nos últimos días estanse colocando os postes para aumentar a potencia eléctrica no noso pobo. Aínda que por estética a mellor solución sería que o tendido estivese enterrado cremos que é mellor ter a potencia adecuada aínda á conta da estética a ter o que xa tiñamos que era pouca potencia e mala estética. melloramos na primeira parte e intentaremos que no futuro se enterren os cables.

Os postes

 
« InicioPrev.31323334353637383940Seg.Fin »

Páxina 35 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre