Con motivo da desgraciada morte dun veciño noso que ocurriu o pasado día 10 volvemos a presentar unha reclamación ao concello sobre a nosa praia e o seu estado. Reclamación presentada Tamén presentamos outra reclamación pola non colocación da fonte que foi sacada o ano pasado na praia, onde temos a ducha. Reclamación presentada
|
|
A rúa da praia presenta un estado lamentable desde que pasou por ela a canalización de electricidade. Por iso, e como non observamos que se vaia a arranxar a mesma nun futuro próximo, decidimos presentar unha reclamación ao concello solicitando por escrito as datas de arranxo da rúa. Reclamación presentada
|
A nosa praia necesita unha limpeza de cara ao verán. Por iso a Asociación de Veciño presentou unha queixa no concello ao respecto para que se corte a herba e se limpe o areal, así como para que se coloquen carteis informativos con recomendacións xerais de uso da praia. Reclamación presentada
|
A nosa praia necesita moitas milloras e unha delas son os canais de auga e o apozamento da mesma en gran parte da praia. Por iso presentamos unha reclamación no concello para que se faga un recheo das pozas e se entuben os canais. Reclamación presentada
|
Reunión co alcalde de Paderne |
|
|
|
Na mañá de onte fomos recibidos polo alcalde de Paderne D. César Longo, quen moi amablemente contestou a todas as nosas inquietudes acerca das posibles obras que pode realizar o seu concello no noso pobo. Concretamente falamos de dous puntos importantes: - Obra do Gas Natural. - Suposta construción dunha depuradora en Ponte do Porco.
Ademais destes temas, tratamos outros de igual importancia, nunha reunión que durou máis dunha hora e da cal saímos moi satisfeitos polas súas respostas e o seu trato.
|
|
|
|
Páxina 2 de 4 |