Inicio As nosas propostas Reunión co alcalde de Paderne
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

Reunión co alcalde de Paderne PDF Imprimir Correo

Reunión Na mañá de onte fomos recibidos polo alcalde de Paderne D. César Longo, quen moi amablemente contestou a todas as nosas inquietudes acerca das posibles obras que pode realizar o seu concello no noso pobo.

Concretamente falamos de dous puntos importantes:

- Obra do Gas Natural.

- Suposta construción dunha depuradora en Ponte do Porco.

 Ademais destes temas, tratamos outros de igual importancia, nunha reunión que durou máis dunha hora e da cal saímos moi satisfeitos polas súas respostas e o seu trato.

En canto á obra de Gas Natural comentounos que estaba parada por Patrimonio, e que eles chegaran a un acordo con Gas Galicia para que os tubos do gas pasasen pola ponte da mesma forma que pasaron os tubos da electricidade.

En canto á depuradora, queremos dicir que saíu unha noticia respecto diso nun importante diario da nosa Comunidade Autónoma asegurounos que no proxecto aparece unha depuradora no Pedrido pero ningunha no río Lambre. Aquí situarase unha decantadora ou unha estación de bombeo para bombear os residuos das casas cara á depuradora, aínda que están tendo problemas con Costas xa que lles obriga a separar 20 metros do río. Pensa que o proxecto finalizarase este ano, aínda que non sabe con exactitude cando comezarán as obras.

Outros puntos que tratamos co alcalde foron:

  • Restaruración da fonte. Na actualidade están catalogando todas as fontes do concello, e cando terminen de catalogalas e pasen a ser propiedade do concello serán restauradas, incluíndo a nosa.
  • Muíños de Misericordia. Están interesados en restauralos e pensamos que se pode colaborar con eles para que sexan restaurados polo seu gran valor histórico.
  • Paseo polo río Lambre. Hai un proxecto redactado por parte de Costas. Este paseo vai desde a desembocadura do río Lambre ata preto de Güimil. No seu momento o alcalde de Miño o pediu apoio para a súa realización, e este contestoulle que lle daba todo o seu apoio. Este punto é moi interesante e haberá que tratalo co alcalde de Miño nun futuro próximo.

 Se queredes ver o noso dossier de fotos podedes ler este documento.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre