Inicio As nosas propostas
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

Propostas
Os carteis na praia PDF Imprimir Correo

Estes son os carteis informativos que temos na praia de Ponte do Porco. Máis valen dúas imaxes que mil palabras.

Os carteis
Os carteis
Cartel no que se di que non se poden levar cans á praia.Cartel no que se di que non se debe tirar lixo na praia.
 
Bosquexo do novo parque PDF Imprimir Correo

O novo parqueO pasado 22 de decembro tivemos unha nova reunión co alcalde e o arquitecto do concello. Nesta reunión presentóusenos un bosquexo que completará a remodelación do parque. En devandito proxecto preténdese engadir un espazo para os máis pequenos así como acondicionar o acceso ao paseo de madeira. Ademais, completarase cunha beirarrúa máis ancha que a actual e que servirá como punto de partida para o futuro paseo ao longo do río Lambre.

Ver o bosquexo

 
Reunión co alcalde PDF Imprimir Correo

ReuniónO pasado día 10 de Decembro ás 8 da tarde fomos recibidos polo alcalde, D. Juan Antonio Maceiras e os concelleiros D. Jesús Veiga e D. Antonio Bernardo. Á reunión acudimos cun dossier de fotos, o cal presentamos para mostrarlles o estado do noso pobo. Ademais estivemos falando con eles de certas melloras que nos parecen interesantes.

Resumindo moi rapidamente as cuestións máis importantes, a principios do próximo ano asfaltarase a rúa da praia e ampliarase o parque.

Se queredes ver o noso dossier de fotos e as conclusións ás que chegamos tras a nosa conversación podedes ler este documento.

 
De novo as chuvias PDF Imprimir Correo

A chuviaHoxe foi o primeiro día de choivas fortes logo de varios meses, e por suposto a entrada á praia volveu taponarse con 20 centímetros de auga.

Esta circunstancia foi denunciada hoxe mesmo no concello por parte da Asociación de Vecinos.

Esperamos que se tome algunha medida para que non volva suceder.

 
A necesaria limpeza PDF Imprimir Correo

Un paseo bonito é o que temos na actualidade na praia Alameda, pero sin que se limpe regularmente fará que non podamos pasear por él en pouco tempo.

Limpeza

Limpeza

 
« InicioPrev.1234Seg.Fin »

Páxina 3 de 4

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre