Inicio Festival PorKoRocK
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

Festival PorKoRocK

O Festival PorKoRocK inicia a súa andaina o 24 de xullo de 2009 coa súa primeira edición, e os seus promotores queren con esta idea atraer ás festas patronais de Ponte do Porco á xente máis nova da comarca.

Aínda que a súa primeira edición foi celebrada no 2009, xa no 2008 intentouse celebrar un concerto pero as dificultades para conseguir financiamento non o fixeron posible.

O cartel da súa primeira edición incluíu catro formacións, Álvaro Muras de Coruña, Os chupetes de Miño, Manolito e lacón-fussión de Betanzos e finalmente os valisoletanos de Fuera de Control.

Chupetes Fuera de Control Álvaro Muras Manolito y lacón-fussión

FacebookMyspace


PorKoRocK
II Festival PorKoRocK PDF Imprimir Correo

O II Festival PorKoRocK está en marcha e xa temos o cartel para este ano. En primeiro lugar queremos dar as grazas a todos os grupos que se ofreceron a participar no noso Festival, xa que moitos deles non poderán participar pola duración do mesmo. Esperamos contar con eles para o seguinte ano.

Este ano teremos a 6 grupos de rock na nosa praia con *TRASHNOS como cabeza de cartel. Se queredes ver o cartel completo tédelo aquí, aínda que o deseño gráfico variará un pouco con respecto a este.

Festival

 
Apúntate ao II Festival PorKoRocK PDF Imprimir Correo

Se tes un grupo de música pop ou rock e estás interesado en participar no II Festival PorKoRocK ponte en contacto connosco a través do seguinte formulario.

Apúntate e envíanos o teu myspace para escoitarte.

Obrigatorio*

 
Campo inválido (valor obrigatorio ou con erro)

 
Campo inválido (valor obrigatorio ou con erro)

 
Campo inválido (valor obrigatorio ou con erro)


  Refresh Captcha  
Campo inválido (valor obrigatorio ou con erro)
   

 
Algunhas fotos do festival PDF Imprimir Correo

Fotos festival Máis vale tarde que nunca. Aquí deixamos algunhas fotos do "Primeiro Festival PorKoRocK".

As fotos non son de gran calidade por varios motivos, porque o fotógrafo non era moi bo e porque a cámara tampouco era de gran calidade.

Esperamos que no futuro podamos facer mellores fotos destes eventos.

E que este non sexa o primeiro e último festival de rock que celebremos en Ponte do Porco.

 
1º Festival PorKoRocK PDF Imprimir Correo

Festival

O próximo 24 de Xullo, no ámbito das festas patronais, celebraremos o Primeiro Festival PorKoRocK na Ponte do Porco.

Para iso traemos a tres grupos de música pop-rock que veñen desde varios puntos do territorio nacional.

 

Da Coruña traemos a Álvaro Muras.

De Betanzos veñen Manolito y lacón-fussión.

De Miño temos a Los chupetes.

E para rematar, desde Valladolid traemos a Fuera de Control.

 

Contamos con todos vos esa noite na praia de Ponte do Porco. E non esquenzades de contarlle este gran acontecemento a todos os vosos coñecidos e amigos xa que queremos encher a praia de xente.

 

¡¡Esperámosvos!!

 
« InicioPrev.12Seg.Fin »

Páxina 2 de 2

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre