O fin de verán foi celebrado ao grande na nosa praia pola Asociación de Vecinos. Máis de 130 persoas acudiron á celebración anual de Aniversario da fundación da mesma. A Asociación puxo a disposición dos seus socios e acompañantes as tradicionais empanada e bolla de doce así como o viño e os socios engadiron a esta comida todo o que eles quixeron. Houbo varios sorteos de agasallos e a poxa dunha imaxe de Ponte do Porco de tamaño 120 cm x 60 cm. En canto aos agasallos, algúns foron doados por establecementos da comarca como: Tía Pepa, Carla do Río ou Ferraxería O cabalo e outros foron entregados para o seu sorteo anonimamente. A música correu a cargo de Channel, e a diversión non parou desde a mañá ata a noite.
|