Proxección dunha película |
|
|
|
Domingo, 28 de Marzo de 2010 08:55 |
Xa solicitamos no concello que se volva a proxectar unha película na nosa praia para este verán, e máis concretamente para o 23 de Xullo.
Reclamación presentada
|
|
Venres, 19 de Marzo de 2010 09:55 |
A obra do gas natural estragou parte do asfaltado realizado en xaneiro pola zona onde almacenaron a terra. Por esta razón e tamén para que deixen todas as gabias en boas condicións puxemos esta reclamación.
Reclamación presentada
|
O nacemento do río Lambre |
|
|
|
Domingo, 07 de Marzo de 2010 10:25 |
O río Lambre nace no concello de Monfero nas Sanguineiras. A forma máis fácil de chegar é collendo a estrada que sae de Betanzos cara a Paderne e Irixoa. Ao pasar Irixoa sóbese un pequeno porto e na parte alta hai un camiño á esquerda, sinalizado como parte das Fragas do Eume. Seguindo ese camiño uns 500 metros chégase á zona onde nace o río Lambre. O alto Pena dá Luz é o punto máis alto e desde alí pódense observar tanto os muíños eólicos como a ría de Betanzos.
|
|
|
|
Páxina 6 de 45 |