Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


Reunión co alcalde de Paderne PDF Imprimir Correo
Venres, 01 de Maio de 2009 16:34

Reunión Na mañá de onte fomos recibidos polo alcalde de Paderne D. César Longo, quen moi amablemente contestou a todas as nosas inquietudes acerca das posibles obras que pode realizar o seu concello no noso pobo.

Concretamente falamos de dous puntos importantes:

- Obra do Gas Natural.

- Suposta construción dunha depuradora en Ponte do Porco.

 Ademais destes temas, tratamos outros de igual importancia, nunha reunión que durou máis dunha hora e da cal saímos moi satisfeitos polas súas respostas e o seu trato.

 
Derradeiras novas PDF Imprimir Correo
Domingo, 19 de Abril de 2009 07:48

En relación ao parque, o proxecto de estase tramitando coas consellerías que teñen as competencias (medioambiente por ser Rede Natura, Patrimonio polo Camiño de Santiago, Política Territorial por estar en zona de servidume de Costas). De momento tense o permiso de medioambiente, pero en canto aos outros aínda non están concedidos.


En canto ao Gas, a obra está parada ata que arranxen un tema con patrimonio pero que ao parecer vaise a desbloquear bastante pronto. O gas canalizarase pola antiga N-VI no canto de ir pola estrada de acceso á praia. Ademais foron parcheados as fochancas máis profundas, e en canto abran para canalizar asfaltarán todo o vial da estrada da praia, en todo o seu ancho. Tamén esperamos que a N-VI, quede en perfectas condicións despois do paso do gas. Se non asfaltaron ata o momento, é debido a que o asfaltado da estrada da praia execútano entre Fenosa e Gas Galicia.

 
Santiago Apóstolo 2009 PDF Imprimir Correo
Martes, 07 de Abril de 2009 20:00
A comisión de festas do ano 2009 xa está traballando nas próximas festas. Se hai alguén que queira colaborar na organización de devanditas festas pode porse en contacto con calquera membro da xunta directiva da Asociación de Veciños.
 
« InicioPrev.11121314151617181920Seg.Fin »

Páxina 19 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre