Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


A alameda dos plátanos PDF Imprimir Correo
Domingo, 31 de Maio de 2009 09:23

Neste artigo do diario La Voz de Galicia da Coruña fálase das xestións do alcalde de Miño para obter a cesión da alameda de plátanos.

Neste outro artigo do diario La Voz de Galicia da Coruña a oposición da a súa opinión sobor do anterior.

Alameda

 
Recheo da praia PDF Imprimir Correo
Venres, 22 de Maio de 2009 19:42

ReclamaciónA nosa praia necesita moitas milloras e unha delas son os canais de auga e o apozamento da mesma en gran parte da praia. Por iso presentamos unha reclamación no concello para que se faga un recheo das pozas e se entuben os canais.

Reclamación presentada

 
Un novo accidente PDF Imprimir Correo
Sábado, 02 de Maio de 2009 20:36
Accidente

Un novo accidente ocorreu esta tarde na que podemos denominar "curva da morte" de Ponte do Porco. Non sabemos as consecuencias do mesmo, e lamentamos o  ocurrido moito, pero si sabemos que as mesmas puideron ser moito peores xa que moitos dos nosos veciños, no seu maior parte xente maior, pasan por aí a diario para ir dunha rúa a outra do pobo, xustamente ao carón da estrada, no lugar onde quedou encaixado o Peugeot branco.

Desde a nosa Asociación solicitamos en varias ocasións a habilitación dun paso peonil que permita aos viandantes circular sen perigo para as súas vidas e volvemos solicitalo á vista do grave accidente que ocorreu hoxe e que puido ser moito peor se nese instante pasase algún veciño noso polo lugar.

 
« InicioPrev.11121314151617181920Seg.Fin »

Páxina 18 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre