Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


Acordos da reunión do día 17 de xaneiro PDF Imprimir Correo
Sábado, 19 de Xaneiro de 2008 16:37

Concurso de orellasA Xunta Directiva da Asociación de Veciños reunida o pasado xoves acordou os seguintes puntos:

- Organizar o “I Concurso de Orellas de Antroido” que terá un primeiro premio de 100 euros.

- Nomear a nova Comisión de Festas para o Santiago Apóstolo de 2008, quedando como presidenta da mesma Ana Fernández Fernández.

- Planificar a próxima excursión de primavera.


Se alguén está interesado en formar parte da Comisión de Festas pode pórse en contacto con algún dos membros da Xunta Directiva.

 
Benvidos de novo!! PDF Imprimir Correo
Sábado, 12 de Xaneiro de 2008 16:31

A páxina da Asociación de veciños Río Lambre naceu fai xa uns anos e mais concretamente no ano 2000 estivemos por primeira vez presentes na rede e mais concretamente almaceados nun servidor gratuíto. O servidor era iespana. Aquel deseño era moi primitivo e non permitía moitas florituras.

Mais tarde compramos un dominio e almaceamos a nosa páxina xa nun servidor de pago. Este servidor tiña algúns problemas e co cambio de directiva tomamos a decisión de cambiar de servidor. Ademais cambiamos o nome do dominio pasando de ter un dominio www.riolambre.com a ter un dominio www.riolambre.es.

O deseño da páxina está cambiando e actualmente utilizamos un xestor de contidos denominado joomla que permitirá unha maior interactividade entre nós. Teremos mais cambios e aínda que inicialmente os contidos estarán en galego, nun futuro cercano todos os contidos estarán tanto en galego coma en castelán.

Esperamos que vos guste a nova páxina e sigades entrando na mesma.

 
« InicioPrev.4142434445Seg.Fin »

Páxina 45 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre