Inicio
GalegoEspañolEnglish

Encuesta

¿Qué obra harías primero?
 

Acceso






¿Olvidó su contraseña?
¿Olvido su nombre de usuario?

X Edición Bandeira verde - Municipio responsable PDF Imprimir E-mail
No hay traducciones disponibles.

A Federación de Usuarios Consumidores Independentes, FUCI, co apoio da Fundación Biodiversidade, fixo entrega o pasado mediodía do 2 de xuño dos Premios Bandeira Verde-Municipio Responsable aos concellos españois cuxa xestión ambiental crece en calidade sobre aspectos como a recollida de residuos e limpeza, o consumo enerxético e contaminación, a educación ambiental e participación cidadá, a xestión da auga e o compromiso ambiental.

 

FUCIbiodiversidade


En total, entregáronse 79 galardóns sendo 12 os concellos máis destacados nesta décima edición, ao obter a Bandeira Verde nas cinco modalidades propostas pola FUCI.


O noso concello está entre os dez seguintes xa que conseguiu a bandeira verde en catro das cinco modalidades:

 

  • Residuos, Limpeza e xardinería.
  • Compromiso ambiental.
  • Xestión da auga.
  • Educación e participación cidadá.
As modalidades e os seus aspectos fundamentais

Residuos, limpeza e xardinería.
  • Limpeza e conservación de rúas e conxunto da superficie municipal baixo a súa responsabilidade.
  • A xestión dos RU (Residuos Urbanos). Recollida, tratamento, fomento da reciclaxe e clasificación, sensibilización social e congruencia na xestión.
  • Superficie de zonas verdes, mantemento e xestión integral.

Compromiso ambiental
  • Adhesión aos compromisos ambientais.
  • Posta en marcha da Axenda 21 Local.
  • Certificacións ambientais obtidas.
  • Modelos de colaboración e compromisos con outras institucións.

Xestión da auga
  • Consumo xeral de auga no municipio e características principais.
  • Forma de xestión, perdas e plan de mellora da Rede de Baixa municipal.
  • Consumo medio por cidadán, tendo en conta as características específicas de cada municipio.
  • Formas de potabilización, tratamento e depuración.
  • Sensibilización social para o aforro da auga.

Educación ambiental e participación cidadá


  • Importancia económica na realización e consecución de programas de educación ambiental.
  • Permanencia, consolidación e profesionalidade dos equipos técnicos de educación ambiental.
  • Actuacións de educación ambiental realizadas.
  • Análise do conxunto de fórmulas de participación social en materia de medio ambiente cos habitantes.

Consumo enerxético e contaminación

  • Aspectos relativos á mobilidade dos cidadáns, consumos e solucións técnicas achegadas.
  • Diversificación enerxética realizada polo municipio.
  • Propostas e compromisos de municipio coa diversificación enerxética.
  • Medición dos controis de posible contaminación.
  • Sensibilización ambiental sobre mobilidade, consumo enerxético e contaminación.
  • Fomento da participación cidadá nestes aspectos

Ver a información completa

 

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre