Inicio
GalegoEspañolEnglish

Enquisa

¿Qué obra farías primeiro?
 

Acceso






Esqueceu o seu contrasinal?
Esqueceu o seu usuario?

A nosa páxina

A nosa páxina pretende ser o lugar onde todos os nosos socios e veciños coñezan a realidade do noso pobo. Tamén poderedes atopar todo o relacionado coa beleza do lugar no que está situada a Ponte do Porco.

Este é o lugar onde poderedes ler todo o que acontece ao redor da nosa Asociación, así como as súas actividades, e as noticias máis destacadas do noso concello.


O paseo. Segunda fase PDF Imprimir Correo
Venres, 28 de Marzo de 2008 23:16

O paseoEstes días estanse engadindo dous accesos ao areal ao paseo recentemente construído na nosa praia. Ademais estase engadindo un acceso desde o paseo á ducha que temos no medio do campo.

A semana próxima finalizarase o mesmo, e segundo comentáronnos os operarios, o vindeiro luns decidirase que se vai a facer para conectar o paseo co parque aínda que o máis probable é que se constrúa unha rampla pegada ás escaleiras de baixada á praia.

Temos que felicitarnos por esta modificación no paseo aínda que desde aquí queremos solicitar ás autoridades de costas a continuación do paseo por baixo dos cantiis ata onde se termina o campo.

O paseo

 
La antorcha se apaga PDF Imprimir Correo
Luns, 24 de Marzo de 2008 22:12

un libroLer un bo libro ten un gran atractivo e máis se está relacionado co teu pobo. Hoxe ímosvos a recomendar a todos que leades un libro que se desenvolve no seu maior parte en Ponte do Porco.

Os protagonistas son curtidores valisoletanos, a familia dos Arlanza, que emigran a Ponte do Porco e crean unha fábrica de curtidos no que hoxe coñecemos como a leira dos Etchevarría. Describe a praia de Ponte do Porco como unha praia preciosa e vale a pena lelo.

Entendemos que vai ser dificil de conseguir xa que foi editado en 1988 pero vale a pena intentalo.

Está escrito en castelán e non coñecemos unha tradución ao galego.


Titulo : La antorcha se apaga.
Autor : José Luís Antón Miranda.
Ano : 1988.
Edita : Deputación da Coruña.

 
Os farois no paseo PDF Imprimir Correo
Domingo, 23 de Marzo de 2008 16:25
Os farois no paseoNas últimas semanas ampliouse o paseo na praia de Ponte do Porco, e desde aquí queremos recordar que no primeiro tramo do paseo houbo uns farois que duraron moi pouco tempo xa que algúns vándalos esnaquizáronas unha noite posiblemente de fin de semana.

Nesta foto, xa para o recordo, vemos eses farois que tiveron unha vida tan curta.
 
« InicioPrev.4142434445Seg.Fin »

Páxina 41 de 45

Fotos da nosa contorna

Un paseo polo Lambre

News image

Estase facendo un paseo ao longo da beira esquerda do río Lambre, en sentido do seu nacemento. Non sabemos onde comeza devandito paseo pero supomos que empezará na ponte...

Contorna | Venres, 6 Agosto 2010

Leer máis

Fotos da nosa xente

Visita a Luarca

News image

Fai uns días a Asociación de Vecinos organizou unha excursión a Luarca onde entre outras cousas admiramos dous museos e démonos un paseo por dous pobos de Asturias (Luarca...

A nosa xente | Domingo, 27 Setembro 2009

Leer máis

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre