Domingo, 27 de Abril de 2008 15:32 |
Achégase o verán e tamén os cans á nosa praia. Este venres había bastante xente con cans na praia e segundo comenta algunha desas persoas, pensan que nesta praia está permitido que paseen cans entre a xente cando non é certo. Por iso, desde aquí pedimos uns carteis informativos onde se especifique claramente o que está permitido facer na nosa praia e o que está prohibido, e non a sinalización actual que calquera vándalo pode esnaquizar con gran facilidade tal e como se observa na foto. Fai uns días tamén estiveron paseando varios cabalos pola praia deixando algúns excrementos no paseo, os cales non foron limpados polos xinetes. O dito, necesitamos un cartel informativo na nosa praia.
|
|
Mércores, 23 de Abril de 2008 21:03 |
Esta tarde estiveron vendo o paseo os responsables de costas e despois de velo quedaron en acondicionar o camiño interior ao paseo para que non se formen charcos e en eliminar os cascallos resultado das obras do mesmo.
|
Día Internacional do Libro |
|
|
|
Mércores, 23 de Abril de 2008 06:58 |
Hoxe é o Día Internacional do Libro. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración aos libros e os dereitos de autor promulgado pola UNESCO que se celebra cada 23 de abril desde 1974 en varios países. A elección do día 23 de abril como día do libro, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aínda que realmente non fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao calendario xuliano, que sería o 3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes faleceu o 22, sendo enterrado o 23. Polo tanto hoxe todos temos que ler un capítulo do noso libro favorito.
|
|
|
|
Páxina 37 de 45 |