O asfaltado realizarase en outubro Imprimir
Sábado, 26 de Setembro de 2009 08:16

Estivemos falando co arquitecto de Miño e comentounos entre outras cousas que grazas á unión entre Fenosa e Gas Natural solucionáronse os problemas do asfaltado da nosa rúa e realizarase o próximo mes de Outubro.

Tamén falamos co arquitecto doutros proxectos relacionados coa Ponte do Porco. Concretamente sobre a ampliación e mellora do parque, da leira dos Echeverría e do paseo polo río Lambre.

En relación ao parque, segundo comentounos, está parado por falta de diñeiro para realizalo; en canto á leira, están realizando un proxecto para acondicionar a leira dos plátanos e cando se finalice a súa redacción costas está disposta a comprala ou a expropiala se non é posible o primeiro. Para rematar, o paseo polo Lambre tamén está redactado e aprobado e falta que costas lle asigne un orzamento.

Tamén nos comentou que o Plan Xeral está recibindo alegacións por parte de Fomento e a Xunta de Galicia.

Doutra banda, Paderne xa ten aprobado o seu Plan Xeral desde fai unhas semanas.