Un novo accidente Imprimir
Sábado, 02 de Maio de 2009 20:36
Accidente

Un novo accidente ocorreu esta tarde na que podemos denominar "curva da morte" de Ponte do Porco. Non sabemos as consecuencias do mesmo, e lamentamos o  ocurrido moito, pero si sabemos que as mesmas puideron ser moito peores xa que moitos dos nosos veciños, no seu maior parte xente maior, pasan por aí a diario para ir dunha rúa a outra do pobo, xustamente ao carón da estrada, no lugar onde quedou encaixado o Peugeot branco.

Desde a nosa Asociación solicitamos en varias ocasións a habilitación dun paso peonil que permita aos viandantes circular sen perigo para as súas vidas e volvemos solicitalo á vista do grave accidente que ocorreu hoxe e que puido ser moito peor se nese instante pasase algún veciño noso polo lugar.