Derradeiras novas Imprimir
Domingo, 19 de Abril de 2009 07:48

En relación ao parque, o proxecto de estase tramitando coas consellerías que teñen as competencias (medioambiente por ser Rede Natura, Patrimonio polo Camiño de Santiago, Política Territorial por estar en zona de servidume de Costas). De momento tense o permiso de medioambiente, pero en canto aos outros aínda non están concedidos.


En canto ao Gas, a obra está parada ata que arranxen un tema con patrimonio pero que ao parecer vaise a desbloquear bastante pronto. O gas canalizarase pola antiga N-VI no canto de ir pola estrada de acceso á praia. Ademais foron parcheados as fochancas máis profundas, e en canto abran para canalizar asfaltarán todo o vial da estrada da praia, en todo o seu ancho. Tamén esperamos que a N-VI, quede en perfectas condicións despois do paso do gas. Se non asfaltaron ata o momento, é debido a que o asfaltado da estrada da praia execútano entre Fenosa e Gas Galicia.