Solicitude de adhesión Imprimir

O GDREsta semana presentamos a solicitude de adhesión como socios ao Grupo de desenvolvimento rural da Comarca das Mariñas (GDR 29).

A solicitude de adhesión será aceptada con toda probabilidade na próxima asemblea xeral do GDR xa que cumprimos todos os requisitos necesarios para ser aceptados.

Un GDR é unha asociación constituída polas institucións públicas e as entidades privadas dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal e ambiental con implantación na zona correspondente e que decidan involucrarse no desenvolvimento do seu territorio.

Cada GDR deseña e executa o programa LEADER no seu territorio. O programa LEADER é o programa europeo para o desenvolvimento rural que se executará no período 2008-13.

O GDR-29 inclúe os municipios de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne e Sada.

O GDR