O Festival PorKoRocK inicia a súa andaina o 24 de xullo de 2009 coa súa primeira edición, e os seus promotores queren con esta idea atraer ás festas patronais de Ponte do Porco á xente máis nova da comarca.
Aínda que a súa primeira edición foi celebrada no 2009, xa no 2008 intentouse celebrar un concerto pero as dificultades para conseguir financiamento non o fixeron posible.
O cartel da súa primeira edición incluíu catro formacións, Álvaro Muras de Coruña, Os chupetes de Miño, Manolito e lacón-fussión de Betanzos e finalmente os valisoletanos de Fuera de Control.
PorKoRocK
II Festival PorKoRocK
O II Festival PorKoRocK está en marcha e xa temos o cartel para este ano. En primeiro lugar queremos dar as grazas a todos os grupos que se ofreceron a participar no noso Festival, xa que moitos deles non poderán participar pola duración do mesmo. Esperamos contar con eles para o seguinte ano.
Este ano teremos a 6 grupos de rock na nosa praia con *TRASHNOS como cabeza de cartel. Se queredes ver o cartel completo tédelo aquí, aínda que o deseño gráfico variará un pouco con respecto a este.
Se tes un grupo de música pop ou rock e estás interesado en participar no II Festival PorKoRocK ponte en contacto connosco a través do seguinte formulario.
Apúntate e envíanos o teu myspace para escoitarte.
Contamos con todos vos esa noite na praia de Ponte do Porco. E non esquenzades de contarlle este gran acontecemento a todos os vosos coñecidos e amigos xa que queremos encher a praia de xente.