O Festival PorKoRocK inicia a súa andaina o 24 de xullo de 2009 coa súa primeira edición, e os seus promotores queren con esta idea atraer ás festas patronais de Ponte do Porco á xente máis nova da comarca.
Aínda que a súa primeira edición foi celebrada no 2009, xa no 2008 intentouse celebrar un concerto pero as dificultades para conseguir financiamento non o fixeron posible.
O cartel da súa primeira edición incluíu catro formacións, Álvaro Muras de Coruña, Os chupetes de Miño, Manolito e lacón-fussión de Betanzos e finalmente os valisoletanos de Fuera de Control.
O PorKoRocK en Facebook
Podes apuntarte ao grupo do Festival PorKoRocK en Facebook. Apúntate e poderás ver todas as noticias sobre o noso festival: