Convocatoria de reunión extraordinaria Imprimir

Convócase a todos os soci@s a unha reunión extraordinaria para o vindeiro sábado ás 5:30 da tarde no Bar a ría.

O obxectivo desta reunión será elixir nova directiva para os próximos catro anos.

A directiva saliente agradece o apoio prestado por todo o pobo na súa xestión, así como a colaboración dos organismos oficiais.

Así mesmo deséxalles toda a sorte do mundo á nova directiva.

Amaia Barcenilla,

Presidenta da Asociación de Veciños.