Inicio Noticias de la Asociación
GalegoEspañolEnglish

Encuesta

¿Qué obra harías primero?
 

Acceso






¿Olvidó su contraseña?
¿Olvido su nombre de usuario?

Noticias de la Asociación
A receta gañadora PDF Imprimir E-mail
No hay traducciones disponibles.

Aquí vos deixamos a receta gañadora do concurso de orellas celebrado fai uns días na Ponte do Porco.

Concurso de orellasIngredientes:

3 ovos

100 gr. manteca

100 gr. anís

100 gr. viño branco

180 gr. azúcar

650 gr. fariña

100 gr. aceite oliva

Monda 1 laranxa

Monda 1 limón

Como se fan as orellas:

  1. En primeiro lugar dorase en 100 gr. de aceite a monda da laranxa e a monda do limón. Despois deixase enfriar.
  2. Mesturar todo (os ovos batidos e a manteiga derretida). Formar unha masa que se despegue das mans. Deixr levedar nun lugar tibio.
  3. Estirar a masa, cortar a mesma en forma de orellas e fritir. Cando estén feitas botarlle azúcar glass.
E a disfrutar das orellas gañadoras do noso concurso.
 
O concurso de orellas PDF Imprimir E-mail
No hay traducciones disponibles.

Concurso de orellasNa tarde de hoxe sábado, ás cinco e media, tal e como estaba previsto celebrouse o concurso de orellas no Bar A Ría de Ponche do Porco.

En primeiro lugar queremos dar as grazas a todos os participantes no concurso, así como ao xurado do mesmo e a toda a xente que veu simplemente a comer nas orellas. Esperamos que fora do seu agrado o concurso e que volvan a participar en próximas edicións.

A asistencia foi boa, e presentáronse once participantes provenientes de diferentes lugares do noso concello coas súas respectivas orellas que foron catadas en primeiro lugar polo xurado e a continuación por todos os asistentes ao acto.

O xurado, composto por Antonio Bernardo, concelleiro da área de Cultura, Mocidade, Deporte, Relacións Institucionais e Seguridade do concello de Miño, Mercés do Tolín e a última socia dada de alta na nosa Asociación, decidiu conceder os premios aos seguintes participantes:

  • Primeiro premio de 100 euros : Toñy
  • Segundo premio composto dun lacón e uns chourizos : Encarna Espada
  • Terceiro premio composto dunha cachola de porco (doado polo Bar La Ría) : Marita.

Como se observa na imaxe existía un empate no terceiro posto polo que o xurado volveu a catar as orellas e decidiu o desempate a favor de Marita.

Aínda sendo a participación boa, notouse máis afluencia de xente doutras partes do concello, acudindo unha minoría de persoas de Ponche do Porco ao mesmo.

 
O novo paseo PDF Imprimir E-mail
No hay traducciones disponibles.

Concurso de orellasA demarcación de costas está ampliando na praia de Ponche do Porco o paseo de madeira e dende o primeiro día o trazado que se observa fai pensar que vai ser moi dificil aparcar na praia.

A Directiva da Asociación non tiña coñecemento do trazado do novo paseo e intentará que o mesmo modifíquese de acordo ao gusto do todo o mundo e pensando no mellor para o pobo.

Se o trazado non se modifica por parte de costas, solicitarase por escrito a apertura dun paso á praia para que poidan seguir realizándose as festas na mesma, así como o acondicionamento dun aparcadoiro para non perder visitantes ao noso pobo.

 
Acordos da reunión do día 17 de xaneiro PDF Imprimir E-mail
No hay traducciones disponibles.

Concurso de orellasA Xunta Directiva da Asociación de Veciños reunida o pasado xoves acordou os seguintes puntos:

- Organizar o “I Concurso de Orellas de Antroido” que terá un primeiro premio de 100 euros.

- Nomear a nova Comisión de Festas para o Santiago Apóstolo de 2008, quedando como presidenta da mesma Ana Fernández Fernández.

- Planificar a próxima excursión de primavera.


Se alguén está interesado en formar parte da Comisión de Festas pode pórse en contacto con algún dos membros da Xunta Directiva.

 
« InicioPrev12PróximoFin »

Página 2 de 2

© 2000 - 2009 AAVV Río Lambre