Acordos da reunión do día 17 de xaneiro |
|
|
|
Saturday, 19 January 2008 16:37 |
x
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños reunida o pasado xoves acordou os seguintes puntos: - Organizar o “I Concurso de Orellas de Antroido” que terá un primeiro premio de 100 euros. - Nomear a nova Comisión de Festas para o Santiago Apóstolo de 2008, quedando como presidenta da mesma Ana Fernández Fernández. - Planificar a próxima excursión de primavera. Se alguén está interesado en formar parte da Comisión de Festas pode pórse en contacto con algún dos membros da Xunta Directiva.
|
|
Saturday, 12 January 2008 16:31 |
x
A páxina da Asociación de veciños Río Lambre naceu fai xa uns anos e mais concretamente no ano 2000 estivemos por primeira vez presentes na rede e mais concretamente almaceados nun servidor gratuíto. O servidor era iespana. Aquel deseño era moi primitivo e non permitía moitas florituras. Mais tarde compramos un dominio e almaceamos a nosa páxina xa nun servidor de pago. Este servidor tiña algúns problemas e co cambio de directiva tomamos a decisión de cambiar de servidor. Ademais cambiamos o nome do dominio pasando de ter un dominio www.riolambre.com a ter un dominio www.riolambre.es. O deseño da páxina está cambiando e actualmente utilizamos un xestor de contidos denominado joomla que permitirá unha maior interactividade entre nós. Teremos mais cambios e aínda que inicialmente os contidos estarán en galego, nun futuro cercano todos os contidos estarán tanto en galego coma en castelán. Esperamos que vos guste a nova páxina e sigades entrando na mesma.
|
|
|
|
Page 45 of 45 |