Ampliación do paseo Print
x

Desde a Asociación de Vecinos cremos que o paseo tal e como quedou nesta última ampliación beneficiará ao noso pobo, pero tamén cremos que pode avanzarse para así terminar comunicando o centro de Miño cun dos lugares máis bonitos que esconde o noso municipio, o Río Lambre.

Por iso queremos propor unha amplicación do paseo actual en dous sentidos:

  • En sentido Miño ata chegar ao final da praia de Ponte do Porco (Zona 1 no mapa inferior).
  • Subindo cara ao Río Lambre, a partir do parque en honra a Fernán Pérez de Andrade (Zona 2 no mapa inferior).

 

Novo paseo

O primeiro tramo non ofrece ningunha dificultade na súa construción, e tal como obsérvase na foto inferior permitirá que tanto os residentes do pobo como os visitantes poidan percorrer completa a praia Alameda. Ademais, pode servir como primeiro tramo dun paseo máis amplo que conecte Ponte do Porco coa praia A Ribeira.

Novo paseo

En canto ao segundo tramo, queremos achegar algunha idea ao plan de "Rexeneración do Río Lambre". Parécenos moi importante conservar o entorno deste río e mostrar a súa beleza a todo o que queira visitala. Por iso parécenos unha boa idea a creación dunha ruta polo mesmo que non sexa intrusiva e póidase utilizar para a súa conservación.

O tramo inicial desta ruta, na súa saída da Ponte do Porco, teríase que realizar por estrada co perigo que iso leva, pola súa estreiteza e pola pouca visibilidade debido á existencia dalgunha curva moi perigosa. Para salvar as dificultades propomos a ampliación do actual paseo a partir da subida ao parque en honra a Fernán Pérez de Andrade, continuando o mesmo pegado ao muro do parque, cruzando a ponte e seguindo pegado ao río Lambre ata superar a ponte da vía de ferrocarril, tal e como se observa na foto inferior.

Novo paseo

Por outra banda entendemos que a dificultade de realización deste tramo é alta por varios motivos.

En primeiro lugar, como salvar a ponte. Para isto o máis razoable é cruzalo ao mesmo nivel cun paso de peóns que podería estar feito con lastros (adoquíns), aínda que tamén se pode explorar a posibilidade de salvalo por baixo do primeiro arco, aínda que posiblemente non houbese altura suficiente neste lugar para ser factible o paso. En segundo lugar, gran parte do tramo discorre sobre o río Lambre na súa parte máis baixa. Para isto propomos unha solución similar á empregada no paseo da Ribeira con columnas sobre o río, as cales non impedirían o paso da auga tanto en marea baixa como en marea chea.

Esta proposta, unida no futuro, a un paseo ata a praia da Ribeira, faría este lugar imprescindible para visitar tanto por a xente do pobo como pola xente que nos visita.