Día das letras galegas 2008 Imprimir
Mércores, 14 de Maio de 2008 21:55

Día das letras galegas 2008Este ano o día das letras galegas celébrase na honra de Xosé Mª Alvarez Blázquez.

Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915 no seo dunha familia de escritores e foi mestre de profesión.

Xa de novo é membro da Federación das Mocedades Galeguistas e logo do Partido Galeguista. Funda as editoriais Monterrei en 1949 e Castrelos en 1964. Ademais obtén varios premios en diversos certames e foi finalista do premio Nadal.

Tamén foi membro da Real Academia Galega.

Simultaneou a obra editada en galego e castelán e entre outras destacan En el pueblo hay caras nuevas de 1945, Roseira do teu mencer de 1950, Escolma de Poesía Medieval I e II de 1952, Canle segredo de 1976 ou Alexándro Bóveda de 1982.

O 2 de marzo de 1985 morreu en Vigo por culpa dunha afección cardíaca que padecía dende había anos.