O primeiro fin de semana de praia Imprimir
Sábado, 05 de Abril de 2008 21:45

O primeiro día

Este fin de semana fomos á nosa praia a gozar do bo tempo por primeira vez este ano. A pesar de que a primavera está nos seus inicios a xente púxose o bañador o sábado e gozou dun día soleado.

Tamén vimos unha cousa que probablemente nos acompañe durante todo o verán. Estou falando dos cans. Aínda que a xente sabe que non se poden levar cans á praia, na praia de Ponche do Porco hai moitas veces cans soltos. E aos donos non lles importa que os nenos xoguen preto dos mesmos. Isto poderíase solucionar se no verán ponse un vixiante, que é moi necesario na nosa praia.

O primeiro día