Remate do paseo Imprimir
Martes, 18 de Marzo de 2008 11:04

O paseo rematadoEsta mañá estaban os obreiros quitando as mouteiras antigas que afeaban bastante a praia dando con iso por concluído o paseo de madeira.

Botamos en falta algún acceso ao mesmo para minusválidos e a instalación de farois para iluminar o mesmo. En canto a isto último temos informacións da instalación duns farois similares ás situadas no primeiro tramo do paseo. En canto aos accesos para minusválidos non se ve unha solución sinxela xa que o espazo que deixaron entre o muro e o paseo é demasiado escaso para poder engadir estes accesos e que sexa compatible coa circulación dos coches entre o paseo e o muro.

 

Quitando as mouteiras