Venres, 29 de Febreiro de 2008 16:46 |
Unha das novidades que pretendemos potenciar a nova Xunta Directiva da Asociación de Veciños é a relativa á comunicación cos veciños. Por iso intentaremos publicar uns boletíns informativos sempre e cando a ocasión e as noticias o permitan. Neste primeiro número falase dos temas mais candentes nas derradeiras datas como son "O paseo da praia" ou o "Concurso de orellas" entre outros. Esperamos tamén as vosas suxerencias para o futuro e esperamos mantervos informados de todo o que vaia sucedendo ao derredor da nosa Asociación. Tamén pode descargar o boletín en formato pdf no enlace inferior e leelo tranquilamente onde millor lle apeteza. Descargar o boletín N.1 Se quere colaborar na conservación do medio ambiente pode axudar lendo as noticias da nosa Asociación nesta páxina web ou enviando un correo electrónico a
Esta dirección de correo está protexida frente ao spam, necesitas ter activado Javascript para vela
e a partir dese instante enviarémoslle toda a información da Asociación a través do seu correo electrónico.
|
|
Domingo, 24 de Febreiro de 2008 22:13 |
Nas derradeiras datas foron podados os eucaliptos situados ao carón do muro que se encontra cerca da antiga estrada nacional. A poda foi intensiva e dou bastante traballo aos operarios que estiveron varios días coa mesma. Dita poda foi feita pola denuncia dun veciño que pensaba que as ramas que sobresaían do muro podían ser un perigo para a xente que pasa a diario pola beirarrúa que hai diante dos eucaliptos. Neste caso a Asociación cree que a poda é positiva xa que existía un gran perigo de caída das ramas dos eucaliptos.
|
Domingo, 17 de Febreiro de 2008 12:37 |
Unha aportación de prochanillo. Un video no que se mostra como se tirou a torre que tiñamos na praia.
|
|
|
|
Páxina 43 de 45 |