Venres, 21 de Marzo de 2008 16:29 |
Entramos na primavera polo que as cores da nosa páxina cambian a unhas cores máis axeitadas para esta estación do ano. Fáltanos por na cabeceira da páxina unha foto do pobo máis primaveral.
|
|
Martes, 18 de Marzo de 2008 11:04 |
Esta mañá estaban os obreiros quitando as mouteiras antigas que afeaban bastante a praia dando con iso por concluído o paseo de madeira. Botamos en falta algún acceso ao mesmo para minusválidos e a instalación de farois para iluminar o mesmo. En canto a isto último temos informacións da instalación duns farois similares ás situadas no primeiro tramo do paseo. En canto aos accesos para minusválidos non se ve unha solución sinxela xa que o espazo que deixaron entre o muro e o paseo é demasiado escaso para poder engadir estes accesos e que sexa compatible coa circulación dos coches entre o paseo e o muro.

|
A praia despois do temporal |
|
|
|
Mércores, 12 de Marzo de 2008 22:13 |
Do mesmo xeito que toda a costa galega estes últimos días soportamos un temporal o cal deixou algúns restos na nosa praia. Nas seguintes fotos vemos algúns dos obxectos que deixou ao seu paso o devandito temporal, desde un colector ata a rama dunha árbore partida.
|
|
|
|
Páxina 42 de 45 |