Venres, 28 de Marzo de 2008 23:16 |
Estes días estanse engadindo dous accesos ao areal ao paseo recentemente construído na nosa praia. Ademais estase engadindo un acceso desde o paseo á ducha que temos no medio do campo. A semana próxima finalizarase o mesmo, e segundo comentáronnos os operarios, o vindeiro luns decidirase que se vai a facer para conectar o paseo co parque aínda que o máis probable é que se constrúa unha rampla pegada ás escaleiras de baixada á praia. Temos que felicitarnos por esta modificación no paseo aínda que desde aquí queremos solicitar ás autoridades de costas a continuación do paseo por baixo dos cantiis ata onde se termina o campo.

|
|
Luns, 24 de Marzo de 2008 22:12 |
Ler un bo libro ten un gran atractivo e máis se está relacionado co teu pobo. Hoxe ímosvos a recomendar a todos que leades un libro que se desenvolve no seu maior parte en Ponte do Porco. Os protagonistas son curtidores valisoletanos, a familia dos Arlanza, que emigran a Ponte do Porco e crean unha fábrica de curtidos no que hoxe coñecemos como a leira dos Etchevarría. Describe a praia de Ponte do Porco como unha praia preciosa e vale a pena lelo. Entendemos que vai ser dificil de conseguir xa que foi editado en 1988 pero vale a pena intentalo. Está escrito en castelán e non coñecemos unha tradución ao galego.
Titulo : La antorcha se apaga. Autor : José Luís Antón Miranda. Ano : 1988. Edita : Deputación da Coruña.
|
Domingo, 23 de Marzo de 2008 16:25 |
Nas últimas semanas ampliouse o paseo na praia de Ponte do Porco, e desde aquí queremos recordar que no primeiro tramo do paseo houbo uns farois que duraron moi pouco tempo xa que algúns vándalos esnaquizáronas unha noite posiblemente de fin de semana. Nesta foto, xa para o recordo, vemos eses farois que tiveron unha vida tan curta.
|
|
|
|
Páxina 41 de 45 |