Reunión co alcalde de Paderne |
Na mañá de onte fomos recibidos polo alcalde de Paderne D. César Longo, quen moi amablemente contestou a todas as nosas inquietudes acerca das posibles obras que pode realizar o seu concello no noso pobo. Concretamente falamos de dous puntos importantes:
Ademais destes temas, tratamos outros de igual importancia, nunha reunión que durou máis dunha hora e da cal saímos moi satisfeitos polas súas respostas e o seu trato. En canto á obra de Gas Natural comentounos que estaba parada por Patrimonio, e que eles chegaran a un acordo con Gas Galicia para que os tubos do gas pasasen pola ponte da mesma forma que pasaron os tubos da electricidade. En canto á depuradora, queremos dicir que saíu unha noticia respecto diso nun importante diario da nosa Comunidade Autónoma asegurounos que no proxecto aparece unha depuradora no Pedrido pero ningunha no río Lambre. Aquí situarase unha decantadora ou unha estación de bombeo para bombear os residuos das casas cara á depuradora, aínda que están tendo problemas con Costas xa que lles obriga a separar 20 metros do río. Pensa que o proxecto finalizarase este ano, aínda que non sabe con exactitude cando comezarán as obras. Outros puntos que tratamos co alcalde foron:
Se queredes ver o noso dossier de fotos podedes ler este documento. |