Una cartel na praia Imprimir

Os cansAchégase o verán e tamén os cans á nosa praia. Este venres había bastante xente con cans na praia e segundo comenta algunha desas persoas, pensan que nesta praia está permitido que paseen cans entre a xente cando non é certo.

Por iso, desde aquí pedimos uns carteis informativos onde se especifique claramente o que está permitido facer na nosa praia e o que está prohibido, e non a sinalización actual que calquera vándalo pode esnaquizar con gran facilidade tal e como se observa na foto.

Fai uns días tamén estiveron paseando varios cabalos pola praia deixando algúns excrementos no paseo, os cales non foron limpados polos xinetes.

O dito, necesitamos un cartel informativo na nosa praia.