A Asociación |
Escudo da Asociación de Veciños A Asociación de Veciños "Río Lambre" representa aos veciños do pobo da Ponte do Porco, situado no concello de Miño (A Coruña) e pretende ser un portavoz entre cidadáns e institucións, un dinamizador sociocultural e un punto de encontro para os veciños.
A devandita Asociación foi creada no ano 1995 como iniciativa dun grupo de veciños encabezados por Don Manuel Freire Bernardo por mor da celebración dunhas festas en honra ao patrón do pobo, Santiago Apóstolo. As festas foran un éxito e todo o pobo participou nas mesmas polo que os organizadores das mesmas pensaron na creación dunha Asociación co obxectivo de unir a todo o pobo en torno ás mesmas. Coa unión da xente terían, tamén, mais forza as súas reivindicacións ante os organismos oficiais.
A acollida da Asociación foi espectacular por parte da xente do pobo, que aplaudiu a iniciativa e apollou dende entón á mesma participando en todos os actos que ven celebrando.
O grupo así formado iniciou unha serie de actuacións que continúan hoxe en día coas novas xuntas directivas. Entre os puntos máis destacados debemos citar os seguintes:
Presidentes Os presidentes da Asociación de Veciños ata a actualidade foron os seguintes:
Xunta directiva A Xunta directiva actual está composta polas cinco mulleres e os dous homes que detallamos a continuación:
|