O concurso de orellas |
No hay traducciones disponibles. Na tarde de hoxe sábado, ás cinco e media, tal e como estaba previsto celebrouse o concurso de orellas no Bar A Ría de Ponche do Porco. En primeiro lugar queremos dar as grazas a todos os participantes no concurso, así como ao xurado do mesmo e a toda a xente que veu simplemente a comer nas orellas. Esperamos que fora do seu agrado o concurso e que volvan a participar en próximas edicións.
Como se observa na imaxe existía un empate no terceiro posto polo que o xurado volveu a catar as orellas e decidiu o desempate a favor de Marita. Aínda sendo a participación boa, notouse máis afluencia de xente doutras partes do concello, acudindo unha minoría de persoas de Ponche do Porco ao mesmo. |