No hay traducciones disponibles.
Na tarde de hoxe sábado, ás cinco e media, tal e como estaba previsto celebrouse o concurso de orellas no Bar A Ría de Ponche do Porco. En primeiro lugar queremos dar as grazas a todos os participantes no concurso, así como ao xurado do mesmo e a toda a xente que veu simplemente a comer nas orellas. Esperamos que fora do seu agrado o concurso e que volvan a participar en próximas edicións. A asistencia foi boa, e presentáronse once participantes provenientes de diferentes lugares do noso concello coas súas respectivas orellas que foron catadas en primeiro lugar polo xurado e a continuación por todos os asistentes ao acto. O xurado, composto por Antonio Bernardo, concelleiro da área de Cultura, Mocidade, Deporte, Relacións Institucionais e Seguridade do concello de Miño, Mercés do Tolín e a última socia dada de alta na nosa Asociación, decidiu conceder os premios aos seguintes participantes: - Primeiro premio de 100 euros : Toñy
- Segundo premio composto dun lacón e uns chourizos : Encarna Espada
- Terceiro premio composto dunha cachola de porco (doado polo Bar La Ría) : Marita.
Como se observa na imaxe existía un empate no terceiro posto polo que o xurado volveu a catar as orellas e decidiu o desempate a favor de Marita. Aínda sendo a participación boa, notouse máis afluencia de xente doutras partes do concello, acudindo unha minoría de persoas de Ponche do Porco ao mesmo.
|